martes, 23 de septiembre de 2008

Relacionando termos...

Se relacionamos termos...
Pessoa________individuo
individuo_______individual
individual______individualidade
individualidade__independencia
independencia__soidade?

Pessoa________soidade?

Nom o entendo, nom vejo que os termos estean mal relacionados...
Enton, as pessoas estan destinadas a estar soas ou?
Se isso é assim...
Por que somos tan dependentes?
Por que ninguem fai nada de seu?
Por que sempre buscamos apoio?
Por que nos importa tanto o que pensen de nos?
Por que lhe damos tanta importancia a ter umha pessoa ao lado?

Nom digo que estea mal, senom que hoje em dia se lhe da moita importancia ao que nom importa, e o que importa sempre o deixamos de lado...

Ponher em orde as nossas prioridades deberia ser o mais importante…
De verdade é mais importante ter mozo que estar com umha amiga quamdo o necesita?
De verdade é mais importante aprovar a tuda costa além de conseguir os conhecementos?
Nom Quero cambiar as vossas percepçoms com os meus textos, nom podo e tampouco o conseguiria nim ainda que foram bos.
Mas por umha vez gostaria de que vos analizedes e mirarades dentro de vos, para saber que é o que realmente tedes que cambiar.
Moitas veces as respostas aos problemas son mais faciles do que imaxinamos e simplemente temos que pararnos a pensar.
Pensar?
De verdade fazemos isso algumha vez?
….

2 comentarios:

Pablo Carrera dijo...

Cajo en, fun comertarte e se me jodeu o asunto, por que será?

En fín, creo qe resulta imposible facer algo sen ter en conta o que poden pensar os demais sobre iso.
Logo podete influir ou non, pero no fondo o imaxinas.

Lena dijo...

Que difícil é analizar as persoas hoxe en día, no medio de conflitos persoais, no medio de problemas coa xente. Co dependentes que somos, pedimos independencia. Queremos a alguén, pero queremos pensar sós (ou soas). Queremos tanto e precisamos tan pouco. Queremos tan pouco e precisamos tanto. Nunca estamos content@s, non somos felices.
E somos tan simples os humanos...
E complicamos tanto as nosas vidas...
Realmente precisamos todo? Realmente o necesitamos?
Hai que pensar sós, pero mentres estamos con alguén.
Que cousa tan complexa.
E que jodid@s podemos chegar a ser.